Atención persoal dende Galicia.
Se os galegos temos algo claro, é que estar aquí sempre é mellor. Por iso en Grelo contamos co noso propio servizo de atención ao cliente en Galicia: persoal na nosa oficina central en Betanzos (a nosa orixe), por mail ou por teléfono, sen contestadores automáticos, para falar directamente contigo a través do canal que ti elixas.
Falamos claro e no teu idioma
En Grelo falamos coma ti, no mesmo idioma no que ti te dirixes a nós, con transparencia e sen complicacións. Ofrecémosche unhas tarifas claras e un contrato que se entende, sen letra pequena.
Non subimos os prezos, nin damos sorpresas na factura
En Grelo pensamos que iso de pagar máis polo mesmo, non é ben. Por iso aquí podes despreocuparte da túa factura: o que firmas no teu contrato será o que pagues ao final do mes sempre, sen sorpresas e sen subidas de prezo.